luns, 15 de febreiro de 2016

FESTIVAL DE NADAL 2015



  


 Despois do saúdo da directora comezou o espectáculo.

Os primeiros en actuar foron os paxariños, nunca mellor dito, coa obra: "Paxariños camiño de Belén" 
Encheron de cor o escenario e tamén de plumas!
Foron a ledicia da tarde! 






Remataron cantando a panxoliña: "Catatumba, tumba, tumba".






En segundo lugar subiron ao escenario os Piratas, que en esta ocasión de piratas nada de nada, todo o contrario, coa obra: "La última estrella la más generosa" e a panxoliña: "Tenemos un arbolito y lo vamos a plantar".


Non puxemos máis fotos porque nas temos, se alguén nos as fai chegar encantadas as subimos.

E ... chegaron as formigas... 

Representaron a obra: "A Belén todos".






Finalizaron a súa actuación cantando as panxoliñas: "Xa veñen os Reis" e "Ímonos xa para aldea"


Só queda felicitar ao público polo seu saber estar e agradecerlle a súa presencia.





martes, 2 de febreiro de 2016

Con motivo do día dos dereitos da infancia o Concello convidounos a disfrutar da obra: O día que veu unha nube e choveu. A representación tivo lugar nun aula do noso centro o venres día 27 de novembro ás 12:00 h. Tivemos como invitados aos alumn@s do EEI A Granxa. Despois da acollida: 10:30 h. e as presentacións, dividímonos en tres grupos con idades mesturadas para traballar por talleres e confeccionar un colgante de gota de auga, xa que a obra trataba este tema.






























Gustounos moito a obra, pero sobretodo, compartir a mañá coas alumnas e alumnos da EEI A Granxa. Esperamos repetir experiencia!!! 

martes, 26 de xaneiro de 2016



Co gallo da celebración do día da PAZ,  estuvemos traballando cos nen@s a canción Lánzalo, de Abrahan Mateo, xa que nos pareceu apropiada para dita celebración, esperemos que vos guste e disfrutedes escoitándoa cos vosos fill@s, un saúdo.
´

        

xoves, 21 de xaneiro de 2016

III CARREIRA SOLIDARIA 
20/11/2015 DÍA DA INFANCIA


Xa vamos pola terceira, como pasa o tempo! É unha actividade na que os nenos e nenas disfrutan un montón, a pesar dos aterrizaxes forzosos que se producen.





Os atletas camiño da "pista de atletismo" elixida para o evento. 




Os paxariños chegando a línea de saída.



A afección nas gradas animando aos deportistas.









Preparados, listos ...





PAXARIÑOS A VOAR!!!

E chegaron os reforzos!!




Agora é o turno dos piratas que para ter pata de pau non o fan nada mal.









As formigas corrían, corrían, corrian ... non se daban cansado, a súa mestra sí.













Agora todos xuntos. Qué colorido!!

















Os últimos serán os primeiros, no Reino do Ceo claro!
A carreira rematou coa participación dos mozos e mozas, que fixeron como as formigas, correron, correron, correron ... houbo que decirlles que parasen. Parabéns, estades en forma!!





GRAZAS A TOD@S POLA VOSA PRESENCIA E SOLIDARIDADE. ENTRE TOD@S RECADAMOS 115,89 €