mércores, 30 de xaneiro de 2019

DÍA DA CONSTITUCIÓN 

E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA.

Como non acudiu ningún grupo folclórico a nosa convocatoria, contamos coa colaboración de Carmen Pardo Esmorís, ex-alumna do noso centro. Amosounos e nomeounos tódalas prendas (interiores e exteriores)  das que está composto o seu traxe rexional e tocou para nós a pandeireta, as cunchas e as culleres. Grazas Carmen pola túa amabilidade!





O noso alumnado confeccionou unhas marionetas con traxe rexional que lle quedaron ben bonitas.



luns, 28 de xaneiro de 2019

DÍA DA INFANCIA
6ª CARREIRA SOLIDARIA

Un curso máis a comunidade educativa do noso centro únese  para que todo o noso alumnado teña as mesmas oportunidades. Todos e todas temos claro que o importante non é quedar de 1º, de
 2º ... o verdadeiramente importante é cambiar o mundo.







 

































GRAZAS A SOLIDARIDADE DE TO@S RECAUDÁRONSE 85 €.
SODES FANTÁSTICOS!!




martes, 8 de xaneiro de 2019

MAGOSTO 2018
O DIVINO MAESTRO, FESTA DO COLEXIO

Con motivo desta festa organizamos unha exposición de manualidades feitas en familia no recibidor do noso colexio na que a protagonista foi a castaña. Grazas a todos e todas a entrada quedou ben bonita.  































































Tamén realizamos cestos para as castañas asadas





O luns 12 de novembro, pola tarde, tivemos a festa.
 Primeiro xogamos: dividimos ao alumnado en tres grupos de idades mesturadas, cada grupo identificouse cunha pano (vermello, verde, branco) e  pasou rotando polos tres xogos que tiveron lugar un en cada aula: globos, xogo da silla, conto da castaña.
Despois, comemos castañas:








Rematamos a xornada cunha chocolatada para desfrute de toda a comunidade educativa, convidados polas Religiosas Misioneras del Divino Maestro, as que lles damos as grazas.