martes, 26 de xuño de 2018

 OBRADOIROS DE IGUALDADE

Participamos nos II Obradoiros de Igualdade na Escola programados, organizados e realizados polo Concello da Pobra do Caramiñal dende a concellería de igualdade. Foron impartidos por María Teira López.

 Aula das Tartarugas

A primeira sesión do  obradoiro comezou co conto Los colores e un coloquio sobre este.


Como actividade de mesa mesturaron o rosa e o azul para conseguir a cor da igualdade: o violeta, e con esta pintaron un lazo.



Na segunda sesión partiron do conto O dragón Zog para falar dos oficios. A actividade de mesa foi pintar un dragón. Remataron a sesión xogando.



Aula das crisálidas

A primeira sesión do obradoiro comezou co conto: Ricitos de oso, e un coloquio sobre este. A tarefa de mesa consistiu en pintar un oso e disfrazalo de Ricitos de oso.


Na segunda sesión falaron do que querían ser de maiores despois de escoitar e ver no encerado dixital o conto El dragón Zog. A tarefa de mesa consistiu en colorear e recortar elementos dun maletín de doutor, oficio que sae no conto, e confeccionar o maletín.




                          


Aula dos paxariños

Comezaron a primeira sesión co conto O dragón Zog para posteriormente falar dos oficios preferidos.


A tarefa de mesa consistiu en colorear e recortar elementos dun maletín de doutor, oficio que sae no conto, e confeccionar o maletín. Tamén colorear ao dragón Zog e a estrela que gañou.


A segunda sesión comezou co  conto Don caballito de mar e un coloquio sobre o mesmo.

A tarefa de mesa consistiu en decorar a Don caballito de mar.







GRAZAS María por ensinarnos a comprender un pouco mellor que nenos e nenas somos iguais.
Ata o curso que vén!



DE VISITA AO CEP SALUSTIANO REY EIRAS

O xoves 7 de xuño o  alumnado de 6º de infantil acompañados da súa titora e a directora visitaron o CEP Salustiano Rey Eiras xa que para a maioría  será o centro onde cursen a primaria.




Fomos recibidos por un grupo de 2º curso que nos acompañou ata a biblioteca e alí nos contaron un conto. 












Despois veu un pequeno grupo de 6º curso a representarnos: Mariquiña e o lobo, de María Victoria Moreno.











Da biblioteca pasamos a aula de música onde alumn@s  de 4º curso interpretaron para nós unha pequena peza para frauta. Despois fomos coñecer a aula d@s alumn@s do 2º que nos recibiron, faláronnos dalgunhas das actividades que realizaban diariamente.
Finalizamos o percorrido no ximnasio onde nos tiñan preparados xogos de grupo moi divertidos, os encargados de explicarlos eran alumn@s de 4º curso.























As 5 alumnas que cursarán primaria no CEP Pilar Maestú Sierra foron convidadas a coñecer o centro o mércores 20 de xuño, ás 16:00 h

Desexamos que todos e todas aprendades moito, fagades bos amigos e amigas, vivades moitas aventuras e sexades moi felices no voso novo colexio. O Monte Carmelo sempre será a vosa casa, moitos bicos e apertas.


luns, 25 de xuño de 2018

PLANTACIÓN 2018

Este ano os encargados de cultivar o noso pequeno horto foron os alumnos e as alumnas de 6º curso, de 12 cabezas de leitugas prantadas só foron arriba 3, dúas delas grelaron enseguida, non temos nin para unha ensalada. En troques nacéronos: unha planta de patacas, unha de cabaza, outra de calabacín, varias de tomates e perexil, na variedade vai o gusto.






SIMULACRO DE INCENDIO

O día 1 de xuño realizamos un simulacro de incendio, acudiron na nosa axuda os bonbeiros e protección civil. A valoración do xefe de bombeiros foi positiva para ser a primeira vez, tivemos varios despistes que hai que mellorar.




Alumnos en fila no punto de encontro para ser recontados.







Unha compoñente do equipo de protección civil amosando o botiquín de primeiros auxilios:

O que máis lles gustou, probarse o casco e subirse ao coche de protección civil: