martes, 8 de setembro de 2020

 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

 

BENQUERIDAS FAMILIAS :

 Gustaríanos durante este curso, máis que nunca, facer da nosa Escola Infantil  NUESTRA SEÑORA DEL MONTE CARMELO, un lugar seguro para as vosas fillas e fillos . Para iso, coma sempre, necesitamos da vosa colaboración e comprensión,  para implicarnos e  cumprir as novas  normas, que están pensadas para evitar contaxios.

 Estamos  traballando na adaptación do Protocolo Covid, pronto volo faremos chegar, pero a continuación  procuraremos resolver algunha dúbida.

 

REUNIÓN PREVIAS PARA PAIS ( UN SÓ PROXENITOR e sen nenos e nenas)

-          ( 3 anos) 4º DE INFANTIL: mércores día  9 ás  16.30h. Entrarase pola porta principal.

-          (4 anos) 5º DE INFANTIL: mércores día  9 ás 16. 30h. Entrarase pola porta do patio.

-           (5 anos ) 6ª DE INFANTIL: xoves día 10  ás  1O.30h. Entrada polo lateral da escola, porta que dá o comedor escolar.

INICIO DE CURSO

-          Os nenos e nenas de 4º de infantil, comezarán o día 10 ás 11.45 da mañá. ( tendo en conta a orden  do 25 xuño onde se aproba    o calendario escolar para o curso 2020-2021  e se ten en conta o período de adaptación para os nenos e nenas de 3 anos)

-          Os nenos e nenas de   5º de infantil comezarán o día 10 de setembro ás 10 da mañá  EN HORARIO  DE 10.00H A 13:00H

-          Os nenos e nenas de 6º infantil comezarán  o día 11 EN HORARIO   DE 10.00H A 13:00H

A PARTIR DO 22 DE SETEMBRO 5º E 6º DE INFANTIL  DE 10:00H A 13:00H E DE 15:00H A 17:00H.

ÓS DE 4º DE INFANTIL, 3 ANOS SEGUIRÁN O PERIODO DE ADAPTACIÓN ( ESTREGARASE CUADRO EXPLICATIVO), E COMEZARAN O HORARIO NORMAL EN OUTUBRO. (10:00HA 13:00H E DE 15:00 A 17:00

ENTRADA E SAÍDA

-          4ª (3 anos ) entrada e saída  pola porta principal.

-          5º (4 anos) entrada e saída pola porta do patio.

                       -  6º (5 anos) a súa entrada e saída será polo lateral, porta que da ó comedor.

 

 - En situacións excepcionais , fóra de horarios de entrada e saída( visita de médico, vacina,…).  a persoa acompañante  entrará e sairá polo patio , como en anos anteriores ( abrirase o pasador  e deixarase outra vez  pechado ao saír)

 

MEDIDAS XERAIS DO CENTRO

-O patio será de uso exclusivo en horario escolar.

- Os país, nais, persoas encargadas de achegar ós nenos e nenas á escola, non poderán acceder o edificio, non sendo  estritamente necesario e con cita previa e fóra do horario de entrada e saída do alumnado.

-Todas as aulas serán grupos estables e non se mesturarán.

Dentro do grupo de 4º de infantil, dividiremos os nenos e nenas en dous grupos colaborativos de 4 alumnos e alumnas . Cada grupo traballará cun distanciamento de 1,5 metros.

Dentro do grupo de 5º de infantil existirán tres grupos colaborativos estables .

Dentro do grupo de 6º de infantil  traballarase con dous grupos colaborativos estables.

-recreos: Realizaremos  quendas tendo en conta os grupos colaborativos.

-Existirá un equipo COVID. Responsable: Mª del Carmen de Dios Díaz. Tlf 616996916

- Haberá xel, panos e papeleira específica en todas as aulas e espazos necesarios.

- O lavado de mans con xabón ou desinfección con xel será un hábito da nosa xornada escolar , ao menos  5 veces ao día.

- A ventilación das aulas será, mínimo,  en cada entrada e cambio de clase.

-  Cada neno e nena poderá traer un xoguete da súa casa, para uso exclusivo del ou dela (non poderá compartilo; traerano nunha bolsa de tela . O xoguete debe ser pequeno.

- En canto a utilización de MÁSCARA:  Na etapa de infantil non é obrigatoria. Se algunha familia, quere utilizala deberá ter en conta:

ü  Comunicarllo á titora.

ü  Traer un portamáscara para gardala  e unha de reposto.

- Os nenos e nenas levarán a diario os mandilóns.

 - Reunións telefónicas, videoconferencia… sempre con cita previa.

 

MEDIDAS A TOMAR POLOS PAIS

Puntualidade , evitar agrupamentos, sempre gardando as distancias de seguridade e tendo presentes as medidas de protección establecidas.

As persoas que acheguen os nenos e nenas á escola serán os encargados de levar e traer a súa roupa de abrigo.

Os país, nais seredes os encargados de medir a temperatura , cada día antes de vir ó cole. E pasar a enquisa que vos facilitaremos;

-          Se a temperatura e superior á 37.5ºC  ou se da  unha das seguintes sintomatoloxías :

-          Tose seca.

-          Dificultade respiratoria

-          Fatiga severa

-          Dor muscular

-          Falta de cheiro ou gusto

-          Diarrea.

Non poderán asistir á Escola Infantil e avisarán ó equipo Covid no seguinte tlf. 616996916.

TODAS AS FAMILIAS ASINAREDES UNHA DECLARACIÓN XURADA ONDE OS COMPROMETEDES A ISTO.

MADRUGADORES:  Ofértase o servizo.

 ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES  Ofértase  inglés  os venres de 17:00 a 18:00 ; mínimo  grupo  de  15.

 

 

                                                                                                                 As mestras