xoves, 1 de xullo de 2021

                       LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2021-2022



 CPR NTRA SRA DEL MONTE CARMELO




+Para tres anos:

  • FRIEND.LY 3 anos (trimestral, globalizado), edebé. ISBN: 9788468332161 125883 / 9788468332178 125884 / 9788468332185 125885.         
  • Caderno de lectoescritura CRECELETRAS 1, edebé. ISBN: 9788468332529 126541.

+Para 4 anos:
  •  FRIEND.LY 4 anos (trimestral, globalizado), edebé. ISBN: 9788468332222 125867 / 9788468332239 125868 / 9788468332246 125869.     
  • Caderno de lectoescritura CRECELETRAS 2, edebé. ISBN: 9788468332406 126554.

+Para 5 anos:
  •  FRIEND.LY 5 anos (trimestral, globalizado), edebé. ISBN: 9788468332284 125839 / 9788468332291 125848 / 9788468332307 125850.              
  • Cadernos de lectoescritura CRECELETRAS 3 e CRECELETRAS 4, edebé. ISBN: 9788468332413 126555 / 9788468332420 126556



 


Estimados pais e nais:

Despedimos este curso, chegamos ao final.

Aprendemos moitas cousas, a amar, a axudar, números, contos, poemas, cancións, a "compartir" e tamén a ser felices.

Grazas a vós, pais e nais, polas veces que necesitamos o voso apoio e atopámolo.

Xuntos camiñamos, acompañámosvos nun anaco das vosas vidas e esperamos sinceramente que esta pequena andaina fose tan boa como para nós.

Grazas a vós MOUCHOS E ESQUIOS, RÁS E DRAGÓNS, por todos eses momentos compartidos. Polos vosos xogos, eses pequenos momentos de escoita, e sobre todo o máis bonito: o voso sorriso. ¡Non o perdades nunca!

Aínda que estamos vivindo dende o ano pasado unha situación complicada, soubemos pasalo ben pero sempre con precaución. ¡Ánimo que xa queda pouco!

Gardade no voso corazón estas experiencias que só se producen en Educación Infantil. Sorrisos, recreos, excursións, as letras, as cores, as cancións en inglés...

Desexamos que os alumnos e alumnas da clase dos Dragóns sexades moi felices nos vosos novos coles e que non esquezades que as portas do CPR Ntra Sra del Monte Carmelo estarán sempre abertas para vós. Permaneceredes nos nosos corazóns e alegraranos moito ter noticias vosas.


FELICES VACACIÓNS DE VERÁN!