mércores, 8 de setembro de 2021

                              


A Pobra do Caramiñal , 1 de setembro de 2021.
 
Queridas familias:
Despois de recuperar forzas durante o verán, coas pilas ben cargadas, comezamos un novo curso cheas de ilusión, novas ideas e algunha que outra sorpresa.
Dende o mércores 1 estamos traballando no cole para que todo estea listo e apunto cando vós veñades, esperamos aos vosos fillos e fillas con impaciencia para seguir xuntos rindo, xogando, cantando, soñando, aprendendo...
Esperámosvos o xoves 9 de setembro ás 10:00 h, como este curso non haberá presentación, agás para as familias d@s nen@s de tres anos que se celebrará o luns 6 ás 10:00 h (os demais xa sodes veteranos), as clases comezarán o primeiro día.
Entraremos por idades, utilizando o alumnado as mesmas portas que o curso pasado.
Solicitamos a redución de xornada para os meses de setembro e xuño, como non obtivemos resposta da Consellería de educación, durante o mes de setembro o horario será:
 

  • Do xoves 9 ao venres 17: de 10:00 a 13:00 h. O xoves 9 comeza o comedor, todos/as os que utilicen este servizo poden pasar a recoller aos seus fillos e fillas a partir das 15:00 h.
  • O luns 20 é festivo local.
  • A partir do martes 21 , este incluído, haberá clase pola tarde. (Excepto os nen@s de 4º de infantil = 3 anos que comezarán o horario completo no mes de outubro ( venres 1)
ENTRADA E SAÍDA
  • 5ª (4 anos ) entrada e saída  pola porta principal. PEGADAS VERMELLAS
  • 6º (5 anos) entrada e saída pola porta do patio. PEGADAS AZUL
  • 4º (3 anos) a súa entrada e saída será polo lateral, porta que da ó comedor. PEGADAS VERDES
 - En situacións excepcionais , fóra de horarios de entrada e saída( visita de médico, vacina,…).  a persoa acompañante  entrará e sairá polo patio , como en anos anteriores ( abriráse o pestillo e deixarase outra vez  pechado ó saír)
 
Como o COVID segue entre nós e falta parte da poboación sen vacinar, toca seguir coidándonos, seguiremos coas medidas de protección:
 
MEDIDAS XERAIS DO CENTRO
-O patio será de uso exclusivo en horario escolar.
-Os país, nais, persoas encargadas de achegar ós nenos e nenas á escola, non poderán acceder o edificio, non sendo  estrictamente necesario e con cita previa e fóra do horario de entrada e saída do alumnado.
-Todas as aulas serán grupos de convivencia estables e non se mesturarán.
Dentro do grupo de 4º de infantil, dividiremos os nenos e nenas en catro grupos colaborativos de  alumn@s. Cada grupo traballará cun distanciamento de 1,5 metros.
Dentro do grupo de 5º de infantil existirán dous grupos colaborativos estables. .
Dentro do grupo de 6º de infantil traballarase con tres grupos colaborativos estables.
-recreos: Realizaremos quendas tendo en conta os grupos colaborativos.
-Existirá un equipo COVID; Responsable Mª del Carmen de Dios Díaz. Tlf 616996916
- Haberá xel, panos e papeleira específica en tódalas aulas e espazos necesarios.
- O lavado de mans con xabón ou desinfección con xel será un hábito da nosa xornada escolar , ó menos  5 veces ó día.
- A ventilación das aulas será, mínimo, en cada entrada e cambio de clase.
- Cada neno e nena poderá traer un xoguete da súa casa, para uso exclusivo del ou dela (non poderá compartilo; traerano nunha bolsa de tela . O xoguete debe ser pequeno.
- En canto a utilización de MÁSCARA:  Na etapa de infantil non é obrigatorio  a utilización  da máscara, agás do alumnado que cumpra 6 anos. Se algunha familia quere utilizala deberá ter en conta:
- Comunicarllo á titora e ser constante.
- Traer un portamáscara para gardala  e unha de reposto.
- Os nenos e nenas levarán a diario os mandilóns.
- Reunións telefónicas, videoconferencia…sempre con cita previa.
 
MEDIDAS A TOMAR POLOS PAIS
Puntualidade , evitar corrillos sempre gardando as distancias de seguridade e tendo presentes as medidas de protección establecidas.
Os país/nais seredes os encargados de medir a temperatura, cada día antes de vir ó cole. E pasar a enquisa que vos facilitaremos;
  • Se a temperatura e superior á 37.5ºC ou se da unha das seguintes sintomatologías :
  • Tos seca.
  • Dificultade respitaroria
  • Fatiga severa
  • Dor muscular
  • Falta de olfato ou gusto
  • Diarrea.
Non poderán asistir á Escola Infantil e avisarán ó equipo Covid no seguinte tlf. 616996916.
TODAS AS FAMILIAS ASINAREDES UNHA DECLARACIÓN XURADA ONDE OS COMPROMETEDES A ISTO.

MADRUGADORES:  Ofertarase o servizo  sempre  que poidamos  cumprir coas medidas COVID.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES  Ofertarase  inglés  os vernes de 17:00 a 18:00 ; mínimo  grupo  de  15.
  
Desexando que teñades un feliz comezo de curso despedímonos ata o xoves 9.
                                                                              
Unha aperta,
                                                                              
As mestras.