mércores, 8 de febreiro de 2017

I ENCONTRO FOLCLÓRICO

Con motivo da celebración do día da Constitución e do Estatuto de autonomía, organizamos o primer encontro folclórico, coa idea de achegar aos nos@s cativ@s un anaco da nosa cultura: lingüa, danza e música.
Tivo lugar o venres 9 de decembro ás 16:00 h no patio da nosa escola. 
Acudiron a convocatoria os grupos: Arrancadeira, Barlovento e Xiada, este último non puido actuar porque tiveron que marchar a outra actividade. Sentímolo moito! 
Grazas  pola vosa participación desinteresada, esperamos contar con vós noutras ocasións e aumentar o número de participantes.