mércores, 30 de novembro de 2016


SAMAÍN 2016

COMEZAMOS A CELEBRACIÓN O LUNS 24, COMO XA É TRADICIÓN NESTA ESCOLA, COA EXPOSICIÓN DE CABAZAS, ACTIVIDADE FEITA EN FAMILIA. GRAZAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN! A ENTRADA ESTABA BEN BONITA!!



















A EMOCIÓN DA QUE MÁIS SE FALOU DURANTE TODA A SEMANA FOI O MEDO, A TRAVÉS DE CONTOS, CANCIÓNS, CONVERSAS...

ALGUNHAS DAS MANUALIDADES QUE FIXEMOS PARA DECORAR AS CLASES:









 





FANTASMAS DOCES





DESPEDIMOS O SAMAÍN COA FESTA DE DISFRACES QUE TIVO LUGAR O VENRES 28 DE OUTUBRO. POLA MAÑÁ VISITAMOS AOS ALUMN@S DE FORMACIÓN PROFESIONAL DO DIVINO MAESTRO  E LLES CANTAMOS. POLA TARDE BAILE E MERENDA. FÍXONOS MOITA ILUSIÓN QUE BASTANTES FAMILIARES SE UNISEN A FESTA.








venres, 25 de novembro de 2016



25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

«A violencia contra as mulleres e as nenas é unha violación dos dereitos humanos, unha pandemia de saúde pública e un grave obstáculo para o desenrrolo sostible. […] Sae moi cara as familias, as comunidades e as economías. […] O mundo non se pode permitir pagar ese prezo». — Ban Ki-moon, Secretario Xeral da ONU



¿Por qué este Día internacional?

Debido a que:
  • A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos
  • A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto en leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero
  • A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade
  • A violencia contra as mulleres e as nenas  pódese evitar. A prevención é posible e esencial
  • A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida. (ONU)


NO QUE VAI DE ANO 40 SON AS VÍCTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO E 8  MÁIS ESTÁN EN PROCESO DE INVESTIGACIÓN, DENDE O CPR NTRA SRA DEL MONTE CARMELO DICIMOS: BASTA XA!!!!



luns, 14 de novembro de 2016

12. PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
12.1 Conmemoracións
Trimestres
Datas
Conmemoracións
Actuacións






20/11/16


18/11/16 



25/11/16



Do 1 ao 11 de decembro

9 de novembro
+Día dos dereitos
do nen@.





Día internacional contra a violencia de xénero.


Constitución e Estatuto de auto-nomía de Galicia.

*Realizar asambleas, onde se fale dos dereitos dos nen@s.

*Participar na 4ª carreira solidaria para axuda á infancia.( Cos beneficios axudaremos ós máis necesitados do noso centro)


 Ás catro da tarde paseo polo pobo para manifestarnos en contra da violencia de xénero.( luciremos cinta con lazo de cor morada)


 *Falar da cultura tradicional galega.


*I Xuntanza de grupos folclóricos.

























Do 23 ao 30 de xaneiro






30/01/17




08/03/17



Do 6 ao
10 de
marzo.

 23 de marzo
Semana de sensibilización para a Paz.        





 Día a Paz.




Día da muller traballadora.



Semana da prensa.



Día mundial da auga



 *Aprender a canción: “Color Esperanza” de Diego Torres.  
*Facer xogos cooperativos en psicomo-tricidade.
*Establecer pequenos retos diarios que nos fagan tomar conciencia que e a Paz haina que construír entre todos.
*Confeccionar piñatas en forma de pombas.
*Celebración-oración pola Paz ás catro e media  da tarde.




*Dar a coñecer a Lidia Parada campiona nacional de xavelina e antiga alumna do noso centro. Convidala a vir falar aos cativos da súa profesión.

*Manipular xornais.
*Sinalar as partes dunha noticia.
*Xerar unha noticia que recolla a visita de Lidia Parada.

*Chuvia de ideas: ¿Onde podemos atopar auga?
*Falar da importancia da auga; para que é necesaria, por qué non debemos malgastala,...










07/04/17


Do 17 ao 21



Do 9 ao
17 de
maio.

16 de maio


18 de maio


05/06/17



Día da saúde


Día do libro.





Letras Galegas:




Día dos museos


Día mundial do
medio ambiente.

*Visita ao cole dunha dentista (quedou pendente do curso pasado)

* Facer intercambio de libros entre o alumnado mediante o xogo do Amigo Invisible.
*Doazón de libros.


*Traballaremos o material que envíe a Xunta do día das Letras Galegas. No 2017 o homenaxeado será: Carlos Casares.

*Celebración da IV Feira Divino Maestro.

*Saída ós muiños de Boiro ( da Ponte Goiáns)

*Cada nen@ plantará un castiñeiro ou un carballo.





12.2. Festas:
              12.2.1. O Samaín (venres 28 de outubro de 2017):
                             -Decorar a escola con motivos relacionados con estas festas elaborados
                               polos  nen@s.
                              -Exposición de cabazas do 24 ao 28 de outubro (en colaboración coas familias)

              12.2.2. O Magosto (xoves 12 de Novembro de 2017)
                             -Exposición de manualidades feitas con froitos e elementos do outono, coa
                               axuda das súas familias. dende o 3 ao 13 de novembro.
                             -Celebraremos O Magosto e a festa do colexio o venres 11 de novembro pola
                              pola tarde.
                             -Confeccionar un pequeno bolso para as castañas co cartón do papel ixiénico.
.
                12.2.3. O Nadal
                           -A partir do 9 de decembro decoraremos a escola con motivos navide-    
                            ños elaborados polos alumn@s.
                           -O sábado 17 teremos o festival de Nadal ás 5 da tarde coa asistencia das
                            familias. Estas colaboran confeccionando o vestiario.

              12.2.4. O Entroido (Do luns  20 ó venres 24 de febreiro de 2017)
                            -O luns 20 confeccionamos e lucimos orellas (de rato, gato e can).
                            -O martes 21  pintámola cara.
                            -O mércores 22 coloreamos e lucimos careta.
                            -O xoves 23 festa de disfraces con degustación de doces típicos desta  
                             data.
                            -Venres 24 desfile polas rúas.
              12.2.5. Acto mariano (mércores 31 de maio do 2017) con recital de poesías.

 12.3. Saídas:
              12.3.1. Venres 18 de Novembro visita ao  pazo Torre de Xunqueiras.
              12.3.2. Venres 10 de Marzo do 2017 excursión á Granxa Escola Sarantellos.
              12.3.3. Venres 16 de xuño de 2017 convivencia de fin de curso no Camping da Casca-
                           da.