mércores, 24 de maio de 2023


PUNTO MÓBIL


Para facilitar a reciclaxe, e crear hábito no alumnado, o Concello ofertou aos centros escolares un Punto Móbil unha semana ao mes. Ao noso centro lle corresponde a terceira. Dende aqui animámovos a todas e todos a participar, o respecto polo medio ambiente tamén forma parte da nosa educación.


GRAZAS!!

 

mércores, 17 de maio de 2023

  LETRAS GALEGAS 2023

 HOMENAXE A  

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO




Naceu en Vilanova de Lourenzá (Lugo) no 1913 e finou en Vigo no 2010. Escritor, ensaísta, intelectual, político... Polifacético fundador da Editorial Galaxia.



No Monte Carmelo celebrouse o día por todo o alto grazas a Mariló, María, Clara, Irene e Sofía que compartiron connosco o seu arte e nos trouxeron un anaquiño da nosa cultura.














Moitas grazas, chicas sodes estupendas!! 
Contamos con vós para o ano que vén.







luns, 15 de maio de 2023

PROXECTO MAREAS

Ás nenas e  ós nenos do Monte Carmelo, unha unidade que se encarga de estudar as mareas propúsonos escribir unhas mensaxes, realizamos unha por clase, e metelas nunhas botellas para ser botadas ao mar.
O pai de Marcos será o encargado de levalas ao barco que partirá en breve. Deixarannas en diferentes puntos de América do Sur, estos momentos serán gravados e anotadas as coordenadas, para ver onde chegan. Quen as atopará? Querrán porse en contacto connosco? Fainos ilusión só con pensalo. 










BOA VIAXE!!



 

venres, 12 de maio de 2023

UNHA XORNADA NA GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Adeus, adeus, adeus... Mamá, papá, imos a ganxa!!


Che@s de ilusión e con moitos nervios comezábamos a nosa aventura.


Chegamos á granxa sobre ás 11 h, despois da acollida e de asignarnos un espazo onde deixar as nosas cousas, dividíronnos en tres grupos de idades mesturadas, os Gatos, os Porcos e os Poliños, para que puidésemos desfrutar mellor dos obradoiros que nos ofertaron: panadería, sementes, plantación, mamíferos e aves, polos que pasamos os tres grupos en momentos diferentes.

NA PANADERÍA


Quentamos o forno, moemos o millo para convertilo en fariña.





Peneiramos a fariña para separar a grosa da fina, con esta amásase, a grosa serve de alimento aos animais da granxa.




Mesturamos os ingredientes para amasar e facer pan: fariña, levadura, auga e sal


Amasamos.




E cando os bolos de pan estiveron listos, metéronse no forno a cocer.


CAS SEMENTES


   

Observamos as sementes da planta xirasol, son as pipas que comemos!!



Se metemos na terra unha pipa sairá unha pequena planta que cando sexa adulta pode chegar a medir 3 metros.


A media mañá paramos para comer unhas galletas e recuperar forzas


NO HORTO


Prantamos xirasois.



Fixemos ocos na terra e ahí metemos as raíces das plantas, tapámolas con terra e regámolas. Agora a esperar que medren. 




Ás 14:00 h xantamos, o menú consistiu en: pasta con tomate, polo rebozado, croquetas, petissuis e iogures de sabores. O rematar, xogo libre ata a hora de volver aos obradoiros.

MAMÍFEROS


Algúns parecen peluches, son tan suaves!!









Quedounos claro que a maioría dos mamíferos teñen 4 patas, o seu corpo está cuberto de pelo e cando son crías maman.





AVES




Son animais que teñen dúas patas, pico, o corpo cuberto de plumas e poñen ovos.









Houbo tamén quen posou fronte as cámaras...





Cando os tres grupos pasaron por tódolos obradoiros casi era a hora de regresar, merendamos, despedímonos d@s monitor@s e subimos ao autobús, despois de tantas emocións e tantas actividades houbo que se quedou sopa!!



FIN