xoves, 22 de setembro de 2016

Estimadas familias:
       O pasado curso, a nosa escola, en colaboración cos demais centros da Pobra e promovido pola Concellería de Medio Ambiente do Concello, desenvolvemos un proxecto relativo á “separación en orixe do lixo e a reciclaxe”. Con tal motivo realizamos unha morea de traballos manuais utilizando materiais de refugallo.
       Desde o día 20 a o 30 de setembro podedes contemplar, na Casa de Raquel Soler, as obras. A inauguración será o dia 20, ás 20 h pero debido á escasez de espazo e ao elevado número de “artistas” será difícil xuntarnos todos ese día. É por isto que decidimos reservar unha tarde completa para cada centro. A nos tócanos a tarde do día 23. En calquera caso podedes acercarvos calquera outro día en horario de mañá.
       Coma sempre, agradecemos a vosa colaboración para que unha vez mais os traballos dos rapaces sexan motivo de festa e celebración.

        Na Pobra do Caramiñal a 20 de Setembro de 2016


                 A Dirección





Esta mostra é parte da campaña de sensibilización para a mellora
da separación en orixe proposta polo Concello da Pobra e desenvolvida
polo alumnado dos diferentes centros educativos. O obxectivo prioritario
é fomentar valores de respecto fronte á natureza e actitudes que favorezan
o coidado do medio ambiente, así como que na práctica a cidadanía
leve a cabo una axeitada distribución dos distintos tipos de residuos
nos diferentes contedores.
Poderás viaxar desde os materiais de refugallo (botes de plástico, latas
de refresco, caixas, cartóns, aceite, tapóns, etc.) ata o mundo da
creatividade: o obxecto inútil convértese en arte e adquire un uso diferente
ao de seu. Deste xeito asistimos ao mundo mariño, aparellos
máxicos, seres híbridos, instrumentos musicais imposibles, un cómic:
“O ciclo da R”, que pretende saír do cómic para sinalarche, Recycle;
criaturas que coidan do medio, teléfonos que arrebatan ideas surrealistas,
comecastañas de bosques animados, árbores de soños ou ensoños,
botellas con mensaxes verdes, maceteros, recreacións de paisaxes
imaxinarios, hortas e perfumes de olores abandonados, mouchos
que vixían o noso comportamento nesta terra que parece incluso bela:
un tiovivo, un carrusel de ideas para renovar o mundo.
E é o cativo, o adolescente, o ALUMNADO quen chama con
este berro, con este humor ás veces, con esta maxia, porque cabe a
posibilidade de ser un pouco mellores, de poder salvar o marabilloso
mundo que aínda temos!!




Hola a tod@s!
Benvidos ao curso 2016/2017





As aulas valeiras, silenciosas, tristes ... do verán, co regreso dos nen@s fóronse enchendo de risas, cantos, xogos, verbas, choros, pelexas... de vida. Qué ilusión comezar un novo curso: cantas aventuras por vivir, canto por aprender, cantos retos por superar, cantas ideas por compartir, cantas novidades por descubrir, cantos soños por facer realidade, cantos proxectos por realizar, cantos..., tod@s xunt@s: alumn@s, familias e mestras!!! 

venres, 16 de setembro de 2016

  31  DE MAIO DO 2016
  ACTO MARIANO

Como  cada ano no mes de maio, mes da virxe e das flores, os nosos pequech@s  recitan poemas, cantan e fan a ofrenda floral  A NOSA SEÑORA, baixo a atenta mirada dos seus familiares.












martes, 6 de setembro de 2016

CONVIVENCIA FIN DE CURSO

Como en anos anteriores, rematamos o curso cunha convivencia no Campig da Cascada, onde a maior parte da comunidade educativa compartimos ocio e mesa en plena natureza.







































@s alumn@s de 6º curso, aula das formigas, aproveitaron a ocasión para despedirse (comezan unha nova etapa: Primaria) e agradecer a súa titora, cun fermoso agasallo, os tres anos que percorreron xunt@s: soñando, aprendendo, cantando, xogando...



















Ata sempre formiguiñas!!