luns, 15 de xuño de 2015

ACTO MARIANO

O 31 de maio, como e tradición na nosa escola, tivemos un acto mariano, no que os nenos e nenas demostraron o seu cariño a Virxe María cantando e recitando poesías. Tamén lle pediron polas súas familias, os enfermos, a paz...














Participamos no IV certamen literario "Esther Dourado" organizado polo CEP Pilar Maestú Sierra. Uxía Fandiño González foi premiada polo debuxo que presentou e todo o alumnado do noso centro recibiu un diploma por participar.





Uxía falando co director do CEP Pilar Maestú e recibindo o aplauso de tod@s cando foi recoller o seu premio.










Uxía, feliz, abrindo o seu agasallo rodeada dos seus compañeir@s.






O 19 de maio fomos ver un espectáculo ao auditorio O Lagar convidados polo Concello con motivo das Letras Galegas. Representouse: "As catro estacións", obra na que a expresión corporal se complementaba  coa música e os decorados.








Aquí aparecen os nenos e nenas da clase dos piratas ondeando a bandeira da nosa querida terra galega.

martes, 9 de xuño de 2015

 II FEIRA DIVINO MAESTRO

Estaba programada para o 12 de novembro, como o curso pasado, día da festa do colexio. Por inclemencias do tempo non puido celebrarse así que o Consello Escolar acordou cunha boa data sería o 15 de maio para celebrar o día das Letras Galegas. Por ser maio un mes misioneiro para os centros Divino Maestro, este ano tocaba axudar a CAJAMARCA (Perú), decidiuse que todo o recadado iría para esta misión.






Con tal motivo un grupo entusiasta de pais e nais  organizou un taller para  engalanar o patio e convertilo por unhas horas nunha feira.









GRAZAS POR ESTAR SEMPRE DISPOST@S A BOTAR UNHA MAN