venres, 26 de maio de 2017

O xoves 18 de maio recibimos a visita do presidente da comunidade de bosques. Coa axuda de fotos e vídeos falounos da flora e fauna da nosa contorna así como do que temos que facer para protexela. Contounos ademais como recollen aos animais feridos, os curar e os volven a por en liberdade no mesmo lugar onde os atoparon.




GRAZAS GARDAS FORESTAIS  POR COIDAR DOS ANIMAIS E DAS PLANTAS!!!


mércores, 24 de maio de 2017

DÍA DO LIBRO

A  parte das actividades que cada titora realizou na súa aula en relación con este día, a nivel de centro destacamos: 
1.- Do luns 24 ata o xoves 27 de abril, de 16:30 h a 17:00 h, lectura de contos a pequenos grupos de alumnos/as protagonizada polas nais/pais.

LUNS



MARTES


MÉRCORES


XOVES


2.- O venres 27 de abril pola tarde, festa do libro. Cada neno/a agasallou cun libro da súa propiedade a un/unha compañeiro/a  que lle tocou en sorte.



luns, 8 de maio de 2017

SEGUIMOS PLANTANDO

FABAS E XUDÍAS







TOMATES E CLAVELÓNS







LEITUGAS



































TRASPLANTANDO TOMATES





















































venres, 5 de maio de 2017

PLANTACIÓN
O xoves 6 de abril fomos ao monte da parroquia de San Isidoro a plantar árbores autóctonas  de folla caduca: cerdeiras, carballos e sobreiras, invitados polo presidente da comunidade de montes a través do concello. Compartimos actividade coa escola de educación infantil A Granxa.





Nas fotos vese como o presidente nos explica en que vai consistir a actividade e o que temos que facer.




Para plantar fixemos grupos de 6 nenos/as e un adulto. Cada grupo plantou unha árbore. 
















































Ensináronnos como funcionaba o camión de bombeiros cando regaron algunhas das árbores plantadas.




 De volta ao autobús 








Esperando o autobús, descansando a sombra despois dunha boa camiñata.