venres, 4 de decembro de 2015


 VISITAMOS  CARTOGAL

 A visita resultou moi interesante e instructiva. Os guías amosáronnos as  intalacións da fábrica e explicáronnos con paciencia e sencillez os procesos que teñen lugar na mesma.
En primeiro lugar contáronnos como a partir de bobinas de papel e cola, as máquinas das fotografías


elaboraban cartón.
As bobinas son moi grandes e pesadas polo que teñen que utilizar un carretillo cunhas pinzas para poder movelas ata a máquina



En segundo lugar faláronnos do proceso de elaboración de caixas, de diferentes tamaños e formas, a partir do cartón. Unha soa máquina troquela e imprime o cartón que logo será unha caixa.
A máquina que aparece na foto fai montóns de caixas sen montar e lles pon unha cinta.


Outra máquina colle os montóns de caixas e os empaqueta enrolándolles plástico para que non se estropeen no traslado ás empresas que as encargan.

Aos da clase das Formigas veunos moi ben esta saída como completento a primeira unidade que traballamos, xa que na historia que a introduce, as mascotas da clase visitan unha imprenta, nela hai máquinas que fan moito ruido e carretillos para trasportar as caixas cheas de libros (como ocorre en CARTOGAL).

Ao rematar a visita déronnos como agasallo,a cada un, unha caixa para montar. 
Os nenos e nenas portáronse moi ben e todos chegamos contentos as aulas.

Días máis tarde, Alberto Llorente, empleado de CARTOGAL, con motivo do día do neno, regalounos a cada un, unha lámina de cartón con pezas para troquelar e montar un lapiceiro. GRAZAS!!






CO SAMAÍN AS AULAS ENCHÉRONSE DE CABAZAS, BRUXAS, PANTASMAS, ESQUELETOS, MOSTROS, ARAÑAS, MORCEGOS... 




















UN GRUPO DE NAIS E PAIS DECORARON O RECIBIDOR DA ESCOLA MOI A CORDE CON ESTA FESTA: TERRORÍFICO!!! NESTA ESTANCIA TIVEMOS  A EXPOSICIÓN DE CABAZAS. GRAZAS A TOD@S POLA VOSA AXUDA E PARTICIPACIÓN.





DENDE MEDIADOS DE OUTUBRO OS NENOS E NENAS CONTABAN OS DÍAS QUE FALTABAN PARA O SAMAÍN, NON LLES DABA CHEGADO. POR FIN O XOVES 29 XA ESTABA AQUÍ. TODOS, ALUMN@S E MESTRAS, ACUDIMOS A ESCOLA DISFRAZADOS, DISPOSTOS A DISFRUTAR. POLA MAÑÁ TRABA-LLAMOS UN POUCO E QUITAMOS MOITAS FOTOS. 









A TARDE PASÁMOLA XOGANDO CO PARACAÍDAS, CON GLOBOS E BAILANDO,  REMATAMOS A FESTA CUNHA MERENDA Á QUE NOS CONVIDARON OS QUE CUMPRIRON ANOS NESTE MES. UN BO NÚMERO DE MAMÁS E ALGÚN PAPÁ ACERCÁRONSE A FESTA DISFRAZADOS  E ISO GUSTOUNOS MOITO, SOBRE TODO PORQUE NOS INVITARON A CHUCHES, MÁGOA QUE FIXERA MAL TEMPO E TIVÉRAMOS QUE ESTAR TOD@S METIDOS NUN AULA. NORABOA POLO VOSO SENTIDO DO HUMOR!!!