QUENES SOMOS

A EEI Ntra. Sra. del Monte Carmelo, foi construída pola Sra. Condesa de Fenosa pasando a formar parte da Xunta de Promoción Educativa “ARZOBISPADO DE SANTIAGO”.
Empezou a funcionar no ano 1978 como centro público en Réxime de administración especial como tódolos que pertencían a Xuntas de Promoción. Estas foron extinguidas e o centro pasou a ser un Centro Concertado conservando as prazas ocupadas por funcionarios. No ano 2009 foille concedido Concerto Pleno para dúas unidades xa ca outra está ocupada por unha funcionaria.
Polo tanto a EEI Nª Sra. del Monte Carmelo e un centro acollido ó Réxime de concertos educativos regulado no título IV da LODE, e nos capítulos III e IV do título IV da LOE e nas súas normas de desenrolo.
Ten creadas catro unidades, na actualidade en funcionamento tres.
Está adscrito ó CEP Salustiano Rey Eiras.
A nosa Escola é católica, propón unha visión cristiá da vida que presenta como proxecto significativo e alternativo, baseado no proxecto evanxélico de Xesús de Nazaret e nos dos nosos fundadores, que trata de contribuír á construción dunha humanidade máis fraterna, xusta e solidaria sendo a nosa opción preferente os pobres. Pretende ofrecer as ferramentas necesarias que contribúan ó desenrolo humano e cristián de cada alumn@
 A Congregación Relixiosa Misioneiras do Divino Mestre é a Institución Titular:
– Garante o servizo educativo, é a responsable de expresar e manter os principios que definen o tipo de educación que se desenrola no noso centro, así como os criterios de actuación que expresan a fidelidade a estes principios.
– Vela pola cohesión entre os distintos membros da comunidade educativa, e pola coherencia e cali-dade da educación.
– Comparte a súa misión cos educadores seculares.
– Opta por unha filosofía educativa cristiá, procurando o crecemento dos alumn@s na fe que lles leve a integrar na súa vida os valores do Evanxeo.
Esta Congregación Relixiosa é un Instituto de Vida Apostólica, fundada en España no ano 1944-1945 en Baza (Granada) por D. Francisco Blanco Nájera, Bispo, Pedagogo, Xurista e escritor, e por Soledad Rodríguez Pérez, muller dotada de excelentes calidades humanas e pedagóxicas que puxo integramente ao servizo da súa tarefa como mestra.Viviron profundamente o ideal de levar a luz da verdade e o lume do amor do Divino Mestre á intelixencia e ó corazón dos pobres.
Entendemos a Comunidade Educativa (Entidade Titular, mestras, alumn@s, pais/nais, persoal de servizos) como unha gran familia acolledora na que os membros quérense, axúdanse, respéctanse, colaboran e apos-tan pola educación en valores.


3 comentarios:

  1. Bueno este foi o ultimo ano da miña filla neste cole...danos moita pena ter que marchar, xa ke aki fixemos moitos aamigos e moi boas amizadea. Tivemos unha profe que era M.Carmen e a pesar de ter un gran grupo de nenos, soubo sacar a todos adiante e darlles unhas boas pautas para iniciar o curso de primaria para os nosos fillos..
    Darlle un millon de grazas a todas a profes e a toda a xente ke traballou ca miña filla durante estos tres ano tan fantasticos neste cole..👏👏👏👏👏😘😘😘😘😘😘😍😍😍😍😍

    ResponderEliminar
  2. Non me cansarei nunca de decilo
    MOITAS GRAZAS POR TODO
    ADEUS
    👋👋👋👋👋👋

    ResponderEliminar
  3. Non me cansarei nunca de decilo
    MOITAS GRAZAS POR TODO
    ADEUS
    👋👋👋👋👋👋

    ResponderEliminar

Grazas por visitar o blog do cole.