xoves, 29 de xuño de 2023

LIBROS VIAXEIROS DIXITAIS

Coa axuda das súas mestras o alumnado de 5º e 6º de infantil dixitalizaron os seus libros viaxeiros que con tanto cariño foron facendo ao longo do curso coas súas familias. Este é o resultado:


ALUMNADO DE 5º DE INFANTIL

AULA AS CORES

https://drive.google.com/file/d/1uxrtMI12Onvjxnn5eZtZXgTgYJLQ8nR-/view?usp=drive_link


ALUNMADO DE 6º DE INFANTIL

MOUCHOS E ESQUÍOS

https://drive.google.com/file/d/1xwowmxT1I_60jzdxpqOyGuQWDZMBaxUd/view?usp=sharing

 ACTIVIDADES DA PROFE EN PRÁCTICAS ALBA

CO ALUMNADO DE 5º DE INFANTIL


A DIVERSIDADE


NUESTRO PUEBLO



 

xoves, 22 de xuño de 2023

 CONVIVENCIA 2023

Como pasa o tempo!! Levamos 4 anos sen poder xuntarnos o alumnado, as familias e as mestras para celebrar todo o vivido e aprendido durante o curso, antes de comezar as merecidas vacacións. Por fin puidemos volver a compartir xogos, baño, mesa, charla... nese fermoso recuncho, o camping da Cascada, no que vivimos bonitas experiencias durante tantos anos. 










mércores, 14 de xuño de 2023

 DESPEDIDA DA PROFE ALBA




Grazas profe Alba por todo o tempo que nos dedicaches, grazas polo teu bo carácter, sempre cun sorriso nos beizos, grazas pola túa dedicación e dispoñibilidade, grazas polo teu cariño e paciencia.

GRAZAS!!

Querémoste mogollón!! Imos botarte moito de menos!!

O Monte Carmelo sempre terá as portas abertas para ti.



LIBRO VIAXEIRO DIXITAL

AULA DE TRES ANOS, OS EXPLORADORES

Ao longo do curso foron facendo as historias na casa coa axuda das familias ata rematar o Libro Viaxeiro, nestas semanas cada quen lle quitou fotos ao seu conto para así poder dixitalizalo. Este é o resultado:

https://drive.google.com/file/d/1kTnDovcTJ7GuqR2xjEZ1r8UwHmJt1Ofa/view?usp=sharing 


martes, 6 de xuño de 2023

 DESPEDIDA DA MESTRA ELI












Grazas mestra Eli por compartir connosco a túa experiencia e os teus coñecementos.
Gazas pola túa axuda, polo teu apoio, pola túa paciencia e o teu cariño.
O Monte Carmelo tamén é a túa casa.

QUERÉMOSTE!! 

luns, 5 de xuño de 2023


O alumnado do Monte Carmelo celebrou este día aportando o seu gran de area en favor do Medio Ambiente, plantando árbores na Curota, piñeiros e carballos, coa colaboración de Protección Civil e Medio Ambiente do Concello da Pobra.









Pero... que é iso?  ÓSOS DE VACA!! Que gran tesouro!!


Rematado o traballo, toca regresar as aulas, vaia faena! Co ben que se estaba no monte!

Por esta boa acción concedéronnos o carnet de amig@ do monte, fíxonos moita ilusión!!