venres, 26 de febreiro de 2016

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2016/2017

 A Orde do 12 de marzo de 2013 desenvolve o procedemento para a admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

PRAZOS para o proceso de admisión de alumnos para o curso 2016/2017:
 1. Reserva de praza (só no suposto de alumnado que vaian cursar outras etapas educativas en centros adscritos) Do 1 ao 15 de febreiro de 2016.
2. Data do sorteo público a efectos de desempate: 25 de febreiro, segundo convocatoria exposta no Portal Educativo. (As letras que afectan ao primeiro apelido son H e C e as do segundo E e A).
3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
4. Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 29 de marzo.
5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión do baremo: do 1 ao 12 de abril (10 días hábiles contados a partires dos dous seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes)
      6. Publicación das listaxes PROVISIONAIS de admitidos e non admitidos: antes de 25 de abril
      7. Publicación das listaxes DEFINITIVAS: antes do 15 de maio (14 de maio, sábado, pois o 15 é domingo).
     8. Prazos de formalización de matrícula:
                  a) Do 20 ao 30 de xuño para Infantil e Primaria
                  b) Do 25 de xuño ao 10 de xullo para ESO
                  c) Prazo extraordinario para ESO do 1 ao 10 de setembro.

SERVIZOS
   Este centro oferta o servizo de comedor.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (Artigo 14º da Orde do 12 de marzo de 2013)
   A normativa establece que as solicitudes axustaranse ao modelo oficial que se publica como ANEXO II da presente Orde. A solicitude será ÚNICA e terá carácter vinculante, e nela poderán relacionarse ata seis centros, por orde de preferencia:
·        Só se pode presentar unha única solicitude no centro de primeira opción, baixo advertencia de perda da prioridade.
·        O alumnado do centro que presente solicitude noutro centro deberá comunicalo ao mesmo tempo no centro de orixe .
·        O alumnado con reserva de praza nun centro deberá comunicar a renuncia á reserva se presenta solicitude de admisión noutro centro.
   A solicitude de admisión de alumnado poderá firmala  calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as común dun matrimonio non separado legalmente ou divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura dos dous titulares, agás que a patria postestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situación de violencia de xénero.

PUNTUACIÓN

CRITERIO
PUNTUACIÓN
Irmáns/ás  no centro
Primeiro irmán: 8 puntos
Segundo e seguintes: 2 puntos cada un
Traballador no propio centro
3 puntos, non acumulables por ambos proxenitores
Proximidade do domicilio familiar
Na área de influencia: 6 puntos
En áreas limítrofes: 3 puntos
Lugar de traballo nai/pai/titor
Na área de influencia: 4 puntos
En áreas limítrofes: 2 puntos
Renda anual per cápita da unidade familiar do ano 2014: casiña 430 +445 /nº de membros da unidade familiar

IMREM: 6390,13
Iferiores a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos
Igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos
Igual ou superior a o,75 veces e inferior ao IPREM: 1 puntos
Igual ou superior ao IMPREM: 0 puntos
Discapacidade igual ou superior ao 33%
Do alumno/a: 4 puntos
Dun pai/nai/titor/: 3 puntos
Irmán ou irmá: 1 punto cada un deles
Pertenza a familia numerosa
Categoría Xeral: 2 puntos
Categoría Especial: 3 puntos
Condición de familia monoparental
2 puntos
Criterio complementario do centro: Que o pai ou a nai estén no paro
1 punto


VACANTES NO CENTRO

4º DE INFANTIL: 22 + 3 para alumnado con necesidades educativas específicas.

5º DE INFANTIL: 4

6º DE INFANTIL: 12 

luns, 15 de febreiro de 2016

FESTIVAL DE NADAL 2015



  


 Despois do saúdo da directora comezou o espectáculo.

Os primeiros en actuar foron os paxariños, nunca mellor dito, coa obra: "Paxariños camiño de Belén" 
Encheron de cor o escenario e tamén de plumas!
Foron a ledicia da tarde! 






Remataron cantando a panxoliña: "Catatumba, tumba, tumba".






En segundo lugar subiron ao escenario os Piratas, que en esta ocasión de piratas nada de nada, todo o contrario, coa obra: "La última estrella la más generosa" e a panxoliña: "Tenemos un arbolito y lo vamos a plantar".


Non puxemos máis fotos porque nas temos, se alguén nos as fai chegar encantadas as subimos.

E ... chegaron as formigas... 

Representaron a obra: "A Belén todos".






Finalizaron a súa actuación cantando as panxoliñas: "Xa veñen os Reis" e "Ímonos xa para aldea"


Só queda felicitar ao público polo seu saber estar e agradecerlle a súa presencia.





martes, 2 de febreiro de 2016

Con motivo do día dos dereitos da infancia o Concello convidounos a disfrutar da obra: O día que veu unha nube e choveu. A representación tivo lugar nun aula do noso centro o venres día 27 de novembro ás 12:00 h. Tivemos como invitados aos alumn@s do EEI A Granxa. Despois da acollida: 10:30 h. e as presentacións, dividímonos en tres grupos con idades mesturadas para traballar por talleres e confeccionar un colgante de gota de auga, xa que a obra trataba este tema.






























Gustounos moito a obra, pero sobretodo, compartir a mañá coas alumnas e alumnos da EEI A Granxa. Esperamos repetir experiencia!!!