luns, 27 de novembro de 2017


MAGOSTO 2017

Grazas á colaboración das familias puidemos organizar unha exposición de manualidades feitas con elementos do outono. Noraboa a todas e todos!















As Crisálidas (aula de 4 anos) déronlle unha nova vida ás botellas de leite, convertén-doas en cestos para as castañas.
As Tartarugas (aula de 3 anos) confeccionaron unhas coroas moi outonais para lucir na festa. Tamén decoraron vasos para as castañas.




Estes son os vasos que decoraron os Paxariños (aula de 5 anos).

Celebramos o magosto xunto coa festa do noso cole (Divino Maestro) o venres 10 de novembro pola tarde, houbo castañas asadas e lambetadas para as nosas alumnas e alumnos. Á saída, as Relixiosas Misioneras del Divino Maestro invitaron a toda a comunidade educativa a unha  rica chocolatada. Grazas! 

venres, 24 de novembro de 2017

25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O CPR Ntra Sra del Monte Carmelo únese a campaña en  negro contra a violencia machista organizada polo Concello da Pobra do Caramiñal.





































Dende o noso centro, toda a comunidade educativa, rexeitamos calquer tipo de violencia e por suposto a machista. BASTA XA!! Este ano foron 45 as víctimas mortais
 máis 3 que están en proceso de investigación, hoxe mesmo prodúxose a última. BASTA XA!!



luns, 13 de novembro de 2017

 SAMAÍN 2017

A partir do mércores 26 de outubro decoramos as clases:







































Como en anos anteriores, grazas á colaboración das familias, puidemos organizar unha exposición de cabazas.





O martes 31 celebramos o Samaín, alumn@s e mestras acudimos disfrazados ao cole. Pola tarde tivemos unha pequena festa á que se uniron os pais e as nais. 



















Grazas a to@s pola vosa participación!