mércores, 5 de xullo de 2023


Chegou o verán e con el as merecidas vacacións,
 dende o Monte Carmelo dámovos os parabéns polo traballo ben feito,
desfrutade e descansade.
Onte, despois da reunión do Consello Escolar, pechamos as aulas,
vémonos en setembro.



COIDADOS XERAIS EN VERÁN

  • Beber abundantes líquidos (auga) para evitar deshidratación, especialmente cando fai moita calor.
  • Coidado coas picaduras de insectos. Ter un repelente o unha crema para aliviar as picaduras.
  • Levar una alimentación equilibrada. Aumentar o consumo de froita e verdura fresca. Controlar xelados, chucherías, bollerías, refrescos e zumos de tetra brik.
  • Ter sempre a man un botiquín.
  • Uso correcto de casco, rodilleras e outros dispositivos para evitar accidentes.
  • Protexerse do sol.


NON AO PECHE DE AULAS!!



 


ADEUS AMIG@S!!

Cando voltemos en setembro ás aulas os Mouchos e os Esquíos xa non estarán connosco porque comezan unha nova aventura en PRIMARIA. Dende aquí lles desexamos o mellor!!

AOS NENOS E NENAS DE 6º DE INFANTIL

Outro curso que remata,
unha páxina que chega ao seu fin.
Unha etapa rematada
co comezo do voso porvir.
Bágoas de despedida porque tendes que partir,
mesturadas coa delicia por esos peldaños
que vos están esperando para subir...
Grazas familias pola vosa confianza depositada en min,
nesta humilde mestra,
que grazas a coñecervos e convivir no Monte Carmelo,
me fixéchedes tan feliz!!

Profe Macá