xoves, 1 de setembro de 2022


FESTA SORPRESA

1





1

GRAZAS!!

ÚLTIMO DÍA DE COLE






NOVO CURSO (2022/2023)

 Comeza o novo curso escolar, as mestras afánanse en preparar todo para recibir o seu alumnado, o día 8 o Monte Carmelo encherase de nenas e nenos, caras coñecidas, caras novas e outras que se botarán en falta, como é o caso do alumnado da clase das ras, xa non son culleres, son ras, é por iso saíron do seu estanque porque queren explorar novas contornas e coñecer outros seres da súa mesma especie cos que percorrer unha nova etapa, compartindo soños, ilusións, experiencias, coñecementos, emocións... que lles permita ir aumentando a súa formación integral para que o día de mañá sexan as persoas que fagan do noso planeta un mundo mellor, un fogar no que todas e todos teñamos cabida.
Adeus amigas e amigos, compañeiras e compañeiros de camiño, as vosas pegadas quedan gravadas nos nosos corazóns. O Monte Carmelo sempre terá as portas abertas para vós. Desexámosvos un feliz, e frutífero curso!!

Hai 37 anos que a Irmá Remedios, directora do CEI Ntra Sra del Monte Carmelo, me propuxo formar parte do claustro de profesores, despois de coñecer o centro e as compañeiras, non o dubidei e aceptei, sen pensar, daquela, que sería a miña praza definitiva. Todo o personal do centro, docente e non docente (Remedios Fernández, María Fajardo, Elisa Cerecedo, Jaime Chouza e Marisefa), acolleume cos brazos abertos e en pouco tempo era un membro máis da familia que formaban. Teño que agradecerlles a súa axuda, apoio, consello, ánimo, escoita...
Remedios e María, grandes docentes e mellor persoas, sempre foron un exemplo a seguir, un espello no que mirarme, a elas lle debo, en gran parte, a mestra que fun. Houbo outras persoas que me foron enriquecendo ao longo dos anos, tódalas mestras e mestres que pasaron polo noso centro, as nenas e nenos que estiveron na miña aula e as súas familias e o personal non docente, a todas e todos grazas por formar parte de min. Xa na última etapa da miña andaina tiven a sorte de formar equipa con grandes profesionais (Macá, Sandra, Maruxa) coas que desfrutei moito e as que considero grandes amigas.  
Nestes 37 anos non todo foi un camiño de rosas, houbo momentos amargos e momentos moi doces, pero teño que dicir que fun moi feliz no desempeño da miña profesión e que me sentín querida e valorada. Son consciente que non cheguei a todo o meu alumnado, que de algunhas e algúns non fun capaz de potenciar os seus talentos e que haberá exalumnas/os que sintan que non fun xunta con elas/os, síntoo moito, non foi a miña intención, espero que saibades perdoarme.
Adeus Monte Carmelo, adeus miña escola querida, adeus para sempre adeus!!

María del Carmen de Dios Díaz.  

BO CURSO A TODAS E TODOS!!