martes, 8 de marzo de 2022














As reflexións realizadas na aula de 6º de infantil  sobre a igualdade resumímolas no seguinte decálogo:


DECÁLOGO PARA A IGUALDADE


1. As nenas, os nenos, as mulleres é os homes somos iguais porque somos persoas cos mesmos dereitos e obrigas.


2. Non hai xoguetes de nenas e xoguetes de nenos cada quen elixe e xoga cos que máis lle gustan


3. Non hai cores de nenas e cores de nenos, cada quen utiliza as súas cores preferidas para colorear, crear, debuxar…


4. Non hai roupa de nenas e roupa de nenos, vestimos como queremos.


5. As nenas e os nenos experimentamos as mesmas emocións: tristura, ledicia, rabia, medo…


6. As nenas e os nenos temos que colaborar nos xogos e tarefas para que todos e todas poidamos ser felices


7. Os problemas que xurdan no día a día non se resolven enfadándose, pelexando, senón pensando e dialogando


8. As nenas e os nenos podemos xogar aos mesmos xogos


9. As nenas e os nenos podemos practicar ós mesmos deportes


10. Non hai profesións de homes e profesións de mulleres, cando medremos elixiremos a profesión que máis nos guste.