CONTACONTOS
Con motivo de conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o Concello da Pobra do Caramiñal organizou uns contacontos que levaron aos diferentes centros educativos.
Os contos que se trataron na nosa escola foron:
1. PIONEIRAS (Xaquina a Gaxhola, de Porto do Son, inventora do primeiro material hidrófugo para a elaboración do primeiro traxe de augas para os mariñeiros)
2. JANE GOODALL (primeira investigadora da vida dos primates)
Ao rematar os contacontos comezou o obradoiro, consistiu en debuxar a propia man debaixo da cabeza do mono para convertila no seu corpo e pintalo.







Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por visitar o blog do cole.