mércores, 5 de xullo de 2023


ADEUS AMIG@S!!

Cando voltemos en setembro ás aulas os Mouchos e os Esquíos xa non estarán connosco porque comezan unha nova aventura en PRIMARIA. Dende aquí lles desexamos o mellor!!

AOS NENOS E NENAS DE 6º DE INFANTIL

Outro curso que remata,
unha páxina que chega ao seu fin.
Unha etapa rematada
co comezo do voso porvir.
Bágoas de despedida porque tendes que partir,
mesturadas coa delicia por esos peldaños
que vos están esperando para subir...
Grazas familias pola vosa confianza depositada en min,
nesta humilde mestra,
que grazas a coñecervos e convivir no Monte Carmelo,
me fixéchedes tan feliz!!

Profe Macá




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por visitar o blog do cole.