venres, 12 de maio de 2023

UNHA XORNADA NA GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Adeus, adeus, adeus... Mamá, papá, imos a ganxa!!


Che@s de ilusión e con moitos nervios comezábamos a nosa aventura.


Chegamos á granxa sobre ás 11 h, despois da acollida e de asignarnos un espazo onde deixar as nosas cousas, dividíronnos en tres grupos de idades mesturadas, os Gatos, os Porcos e os Poliños, para que puidésemos desfrutar mellor dos obradoiros que nos ofertaron: panadería, sementes, plantación, mamíferos e aves, polos que pasamos os tres grupos en momentos diferentes.

NA PANADERÍA


Quentamos o forno, moemos o millo para convertilo en fariña.





Peneiramos a fariña para separar a grosa da fina, con esta amásase, a grosa serve de alimento aos animais da granxa.




Mesturamos os ingredientes para amasar e facer pan: fariña, levadura, auga e sal


Amasamos.




E cando os bolos de pan estiveron listos, metéronse no forno a cocer.


CAS SEMENTES


   

Observamos as sementes da planta xirasol, son as pipas que comemos!!



Se metemos na terra unha pipa sairá unha pequena planta que cando sexa adulta pode chegar a medir 3 metros.


A media mañá paramos para comer unhas galletas e recuperar forzas


NO HORTO


Prantamos xirasois.



Fixemos ocos na terra e ahí metemos as raíces das plantas, tapámolas con terra e regámolas. Agora a esperar que medren. 




Ás 14:00 h xantamos, o menú consistiu en: pasta con tomate, polo rebozado, croquetas, petissuis e iogures de sabores. O rematar, xogo libre ata a hora de volver aos obradoiros.

MAMÍFEROS


Algúns parecen peluches, son tan suaves!!









Quedounos claro que a maioría dos mamíferos teñen 4 patas, o seu corpo está cuberto de pelo e cando son crías maman.





AVES




Son animais que teñen dúas patas, pico, o corpo cuberto de plumas e poñen ovos.









Houbo tamén quen posou fronte as cámaras...





Cando os tres grupos pasaron por tódolos obradoiros casi era a hora de regresar, merendamos, despedímonos d@s monitor@s e subimos ao autobús, despois de tantas emocións e tantas actividades houbo que se quedou sopa!!



FIN




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por visitar o blog do cole.