A Cruz de Lampedusa é unha cruz cristiá feita coa madeira dunha das chalanas que naufragou o 3 de outubro de 2013.
No contexto da inmigración subsahariana a Europa, unha das chalanas que transportou a uns 500 migrantes afundiuse nas costas da illa italiana de Lampedusa, rescatando 155 superviventes e morrendo un número próximo aos 360. Este feito causou un gran shock na sociedade italiana, decretando un día de loito nacional, e fixo que o carpinteiro Francesco Tuccio fixera esta cruz con madeira do naufraxio para honrar e lembrar aos falecidos. En abril de 2014, a fundación italiana Casa do Espéritu Santo e as Artes de Milán mostraron a cruz ao papa Francisco. Francisco bendeciuna e pediulles aos enviados da fundación que a cruz viaxase polo mundo.
Wikipedia
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por visitar o blog do cole.