xoves, 1 de xullo de 2021

 


Estimados pais e nais:

Despedimos este curso, chegamos ao final.

Aprendemos moitas cousas, a amar, a axudar, números, contos, poemas, cancións, a "compartir" e tamén a ser felices.

Grazas a vós, pais e nais, polas veces que necesitamos o voso apoio e atopámolo.

Xuntos camiñamos, acompañámosvos nun anaco das vosas vidas e esperamos sinceramente que esta pequena andaina fose tan boa como para nós.

Grazas a vós MOUCHOS E ESQUIOS, RÁS E DRAGÓNS, por todos eses momentos compartidos. Polos vosos xogos, eses pequenos momentos de escoita, e sobre todo o máis bonito: o voso sorriso. ¡Non o perdades nunca!

Aínda que estamos vivindo dende o ano pasado unha situación complicada, soubemos pasalo ben pero sempre con precaución. ¡Ánimo que xa queda pouco!

Gardade no voso corazón estas experiencias que só se producen en Educación Infantil. Sorrisos, recreos, excursións, as letras, as cores, as cancións en inglés...

Desexamos que os alumnos e alumnas da clase dos Dragóns sexades moi felices nos vosos novos coles e que non esquezades que as portas do CPR Ntra Sra del Monte Carmelo estarán sempre abertas para vós. Permaneceredes nos nosos corazóns e alegraranos moito ter noticias vosas.


FELICES VACACIÓNS DE VERÁN!


   



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por visitar o blog do cole.