venres, 12 de marzo de 2021

A IGUALDADE COMEZA NA EDUCACIÓN

Baixo este lema o Concello da Pobra do Caramiñal organizou unha serie de actividades encamiñadas a facer reflexionar ao alumnado dos distintos centros da vila sobre a igualdade.

Hoxe recibinos ilusionados a benquerida Troskita que nos contou dous contos preciosos: Rosa Caramelo e O lápis máxico, como só ela sabe facelo, arincando gargalladas a esgallo e facendo pensar moito.



No veu soa, acompañouna unha nena, Rosita, que de maior quere ser bombeira pero cría que non podía por ser nena, entre tod@s, aportando as nosas ideas, fixémoslle ver que as nenas tamén poden.

Rosita de maior vai ser bombeira.


Grazas Troskita!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por visitar o blog do cole.