xoves, 30 de maio de 2019

 DÍA DO LIBRO
Para celebrar este día  solicitamos ao bibliotecario (José Carlos) da Biblioteca Municipal da Pobra do Caramiñal o carnet de biblioteca para todos os nenos e nenas da nosa escola e a reserva do día 23 de abril para visitar as instalacións da mesma, día que recibiron da súa man o carnet.
José Carlos falounos de forma moi amena da súa profesión. Nótaselle que é feliz entre os libros. Grazas polas túas palabras cheas de ilusión.

Un grupo de nais prepararon e representaron o conto La ratita presumida. Foi unha sorpresa moi agradable para todo o alumnado que estivo moi atento e participativo.







GRAZAS CHICAS!! Hai que repetir.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por visitar o blog do cole.