luns, 27 de novembro de 2017


MAGOSTO 2017

Grazas á colaboración das familias puidemos organizar unha exposición de manualidades feitas con elementos do outono. Noraboa a todas e todos!















As Crisálidas (aula de 4 anos) déronlle unha nova vida ás botellas de leite, convertén-doas en cestos para as castañas.
As Tartarugas (aula de 3 anos) confeccionaron unhas coroas moi outonais para lucir na festa. Tamén decoraron vasos para as castañas.




Estes son os vasos que decoraron os Paxariños (aula de 5 anos).

Celebramos o magosto xunto coa festa do noso cole (Divino Maestro) o venres 10 de novembro pola tarde, houbo castañas asadas e lambetadas para as nosas alumnas e alumnos. Á saída, as Relixiosas Misioneras del Divino Maestro invitaron a toda a comunidade educativa a unha  rica chocolatada. Grazas! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por visitar o blog do cole.