17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O venres 19 de maio celebramos na nosa escola o día das Letras Galegas ca IV feira Divino Maestro. Unha feira solidaria, todo o recadado foi destinado a comunidade de Religiosas Misioneras del Divino Maestro de Venezuela.
Pola mañá, pais e nais voluntarios montaron no patio as casetas, a tómbola e o posto de palomitas e algodón de azucre. As 15:00 h abriuse a feira ao público, a partir dese momento grandes e pequenos puidemos desfrutar dos diferentes xogos dirixidos por papás e mamás. Os nenos e nenas tamén podían entreterse nos dous talleres que preparamos, nun elaborando un marca páxinas alusivo a obra A galiña azul de Carlos Casares e no outro confeccionando un medallón alusivo ao día das Letras Galegas.
Posto de palomitas e algodón de azucre.
Ariadne lucindo medallón e Izan confeccionándoo.
Alumnos xogando á pelota na ola.
Familias probando sorte na tómbola.
Grazas aos papás e mamás voluntarios, sen eles a feira non se podería celebrar. Grazas aos que compartides connosco o amor a nosa lingua, vos acercáchedes a participar e fixéchedes posible a axuda a Venezuela.
Grazas a todos e todas pola vosa solidariedade!
Pola mañá, pais e nais voluntarios montaron no patio as casetas, a tómbola e o posto de palomitas e algodón de azucre. As 15:00 h abriuse a feira ao público, a partir dese momento grandes e pequenos puidemos desfrutar dos diferentes xogos dirixidos por papás e mamás. Os nenos e nenas tamén podían entreterse nos dous talleres que preparamos, nun elaborando un marca páxinas alusivo a obra A galiña azul de Carlos Casares e no outro confeccionando un medallón alusivo ao día das Letras Galegas.
Posto de palomitas e algodón de azucre.
Ariadne lucindo medallón e Izan confeccionándoo.
Alumnos xogando á pelota na ola.
Familias probando sorte na tómbola.
Grazas a todos e todas pola vosa solidariedade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por visitar o blog do cole.