8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Convidamos a Lidia Parada, campiona nacional de xavelina e exalumna do noso centro, a que falase ao noso alumnado da súa vida como deportista.
Os alumnos/as de 4 e 5 anos prepararon e formularonlle unha serie de preguntas do que máis lles interesaba coñecer.
Lidia, moi amable, foi contestando a cada unha delas sempre cun sorriso nos beizos.
Ao rematar os nenos e nenas de 3 anos regaláronlle un ramos de flores feitas por eles e elas.
Os nenos e as nenas de 4 anos regaláronlle debuxos dela lanzando a xavelina.
A clase dos piratas confeccionoulle un porta retratos que levaba unha foto de cando Lidia estudaba no noso cole.
Grazas Lidia Parada por vir ao noso cole!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por visitar o blog do cole.