MAGOSTO 2017
Grazas á colaboración das familias puidemos organizar unha exposición de manualidades feitas con elementos do outono. Noraboa a todas e todos!


Celebramos o magosto xunto coa festa do noso cole (Divino Maestro) o venres 10 de novembro pola tarde, houbo castañas asadas e lambetadas para as nosas alumnas e alumnos. Á saída, as Relixiosas Misioneras del Divino Maestro invitaron a toda a comunidade educativa a unha rica chocolatada. Grazas!