Con motivo do día dos dereitos da infancia o Concello convidounos a disfrutar da obra: O día que veu unha nube e choveu. A representación tivo lugar nun aula do noso centro o venres día 27 de novembro ás 12:00 h. Tivemos como invitados aos alumn@s do EEI A Granxa. Despois da acollida: 10:30 h. e as presentacións, dividímonos en tres grupos con idades mesturadas para traballar por talleres e confeccionar un colgante de gota de auga, xa que a obra trataba este tema.
Gustounos moito a obra, pero sobretodo, compartir a mañá coas alumnas e alumnos da EEI A Granxa. Esperamos repetir experiencia!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por visitar o blog do cole.