DE VISITA AO CEP SALUSTIANO REY EIRAS
O xoves 7 de xuño o alumnado de 6º de infantil acompañados da súa titora e a directora visitaron o CEP Salustiano Rey Eiras xa que para a maioría será o centro onde cursen a primaria.
Fomos recibidos por un grupo de 2º curso que nos acompañou ata a biblioteca e alí nos contaron un conto.
Despois veu un pequeno grupo de 6º curso a representarnos: Mariquiña e o lobo, de María Victoria Moreno.
Da biblioteca pasamos a aula de música onde alumn@s de 4º curso interpretaron para nós unha pequena peza para frauta. Despois fomos coñecer a aula d@s alumn@s do 2º que nos recibiron, faláronnos dalgunhas das actividades que realizaban diariamente.
Finalizamos o percorrido no ximnasio onde nos tiñan preparados xogos de grupo moi divertidos, os encargados de explicarlos eran alumn@s de 4º curso.
As 5 alumnas que cursarán primaria no CEP Pilar Maestú Sierra foron convidadas a coñecer o centro o mércores 20 de xuño, ás 16:00 h
Desexamos que todos e todas aprendades moito, fagades bos amigos e amigas, vivades moitas aventuras e sexades moi felices no voso novo colexio. O Monte Carmelo sempre será a vosa casa, moitos bicos e apertas.